O CIQUS da USC colabora co Instituto de Materiais e Medidas de Referencia da UE
A investigadora posdoutoral Anandasagari Arcot Rajashekar, do Instituto de Materiais e Medidas de Referencia da UE (IMMR), realizou esta semana no Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CIQUS) unha estadía co Grupo de Investigación do profesor Francisco Rivadulla para ampliar coñecementos prácticos con respecto á deposición asistida por polímeros (PAD) e concretamente co fin de ampliar o método de preparación da película fina. Fundado en 1957, o IMMR é un dos sete institutos do Joint Research Centre (JRC) da Comisión Europea, que elixiu o laboratorio do profesor Rivadulla debido aos seus recentes e destacados resultados no campo da PAD. A doutora Anadasagari traballa no grupo de preparación de ‘Normas para a Seguridade Nuclear, Seguridade e Garantías’, onde se producen diversos obxectivos tales como 6LiF, 10B ou 235U. O IRMM produce os principais materiais de referencia a nivel mundial, desenvolve e valida os métodos de análise, organiza comparacións interlaboratorios, leva a cabo as medicións químicas de referencia e mide e avalía os datos de neutróns