Ir o contido principal

O CiTIUS aborda nun foro os vínculos entre intelixencia artificial fiable e sector público

O evento desenvolverase o 1 de abril a partir das 9.30 horas e poderá seguirse en liña
Santiago de Compostela

O Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC (CiTIUS) desenvolverá este venres 1 de abril, a partir das 9.30 horas, a mesa redonda 'Intelixencia Artificial Fiable e sector público: os novos servizos e as novas necesidades'. 

Moderada por Luis Míguez Macho, profesor da Facultade de Dereito da USC, contará coas intervencións do catedrático da USC e director científico do CiTIUS, Senén Barro Ameneiro; Manuela Battaglini Manrique de Lara, de Transparent Internet; Ulises Cortés García, da Universitat Politècnica de Catalunya e Barcelona Supercomputing Center; Cristina García-Herrera, do Instituto de Estudios Fiscales e Universidade Complutense de Madrid; e Dagmar Monett-Díaz, da Berlin School of Economics and Law.

 Luís Míguez Macho e Alberto Bugarín Diz serán os encargados de presentar este evento ao que é posible asistir en liña a través de MS TEAMS.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.03.2022.