Ir o contido principal

O CiTIUS aborda novas fórmulas que facilitan o tratamento de información no ámbito hospitalario

O CiTIUS aborda novas fórmulas que facilitan o tratamento de información no ámbito hospitalario
O CiTIUS aborda novas fórmulas que facilitan o tratamento de información no ámbito hospitalario

O Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información da USC (CiTIUS) organizou este xoves unha conferencia no CHUS sobre as tecnoloxías de busca e clasificación de datos no ámbito médico. A charla estivo dirixida a profesionais e persoal investigador da área sanitaria. O relatorio, impartido polo profesor David Losada, abordou as posibilidades que a informática brinda ás tarefas de xestión, procura e clasificación de documentos e expedientes no eido hospitalario. A recuperación de información e a aprendizaxe automática poden achegar solucións para crear software que axude o persoal sanitario a procesar e localizar a información necesaria para a súa actividade, tanto no ámbito da investigación como na actividade clínica diaria. Estas técnicas son de especial relevancia xa que supoñen potencialmente unha valiosa axuda ao traballo dos profesionais da medicina. Na actualidade, o gran volume de documentos que xestionan os hospitais fai moi dificultosa a súa localización e acceso polo que son necesarias novas técnicas e ferramentas que acheguen resultados de xeito máis rápido e efectivo. David Losada Carril David Losada é profesor titular na Área de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da USC. A súa labor investigadora céntrase no ámbito da recuperación de información en aspectos como a construción automática de resumos, detección de novidade, clasificación de textos e minería de opinións. A intervención de David Losada celebrouse no Complexo Hospitalario de Santiago

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.09.2012.