Ir o contido principal

O CiTIUS presentará nunha xornada os seus resultados no eido das tecnoloxías para vehículos aéreos non tripulados

O CiTIUS presentará nunha xornada os seus resultados no eido das tecnoloxías para vehículos aéreos non tripulados
O CiTIUS presentará nunha xornada os seus resultados no eido das tecnoloxías para vehículos aéreos non tripulados
UAVlab pretende atraer os principais actores implicados na implementación destas novas tecnoloxías

O CiTIUS da USC organiza o vindeiro día 24 a xornada de demostración tecnolóxica ‘UAVlab’, un encontro monográfico destinado a presentar a empresas e institucións as tecnoloxías desenvolvidas no centro no eido dos Vehículos Aéreos Non Tripulados ou ‘UAVs’ (Unmanned Aerial Vehicles).

Seguindo a estela das recentes edicións do ‘Inside The Lab’, a xornada de portas abertas á industria que ao longo dos dous últimos anos atraeu ao centro numerosos actores da contorna científico-tecnolóxica, esta nova proposta pretende agora poñer o foco sobre un ámbito de crecente interese e máxima actualidade social.

No UAVlab os visitantes poderán asistir a demostracións de solucións deseñadas para a pilotaxe autónoma de UAVs mediante visión artificial, a reconstrución 3D da contorna a partires de imaxes ou a identificación de superficies a partir de imaxes hiperespectrais (‘LiDAR’), entre outras.

Todas as solucións amosadas nesta xornada, que se desenvolverá entre as 10 e as 14 horas, teñen o seu fundamento en resultados de investigación punteiros ao máis alto nivel, situándose nalgúns casos coma os mellores do mundo.

Para asistir, só é necesario cubrir o formulario publicado na web do evento. A inscrición permanecerá aberta ata o día 22 de febreiro.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.02.2017.