CITT, Uniemprende e Unirisco Galicia participan nunha xornada informativa de apoio aos investigadores
O Centro de Innovación e Transferencia de Tecnoloxía (CITT) abrirá este martes 20 a participación da Universidade de Santiago na xornada informativa de apoio aos investigadores que organiza a Deputación de Lugo. A mesa na que intervirá María Dolores Vega Fernández, do CITT, terá lugar pola mañá. Pola tarde participarán tamén o técnico de Creación de Empresas da área de Autoemprego, Pablo Fontela Pereira, e o analista de inversións de Unirisco Galicia David Calvo.
Esta xornada, que leva por título ‘Apoio a xóvenes investigadores para a constitución de empresas no ámbito da alimentación’ enmarcada dentro do proxecto Lugo 2, desenvolverase a partir das 9:30 horas no salón de actos da Deputación de Lugo.