Ir o contido principal

As clases do novo curso académico na USC comezan o 1 de outubro

A Universidade de Santiago de Compostela iniciará oficialmente o seu período lectivo do curso académico 2007-2008 o vindeiro día 1 de outubro. Deste xeito, as clases correspondentes ao primeiro cuadrimestre das titulacións con planos de estudos estruturados en créditos desenvolveranse entre o 1 de outubro de 2007 e o 25 de xaneiro de 2008 e as do segundo cuadrimestre entre o 20 de febreiro e o 6 de xuño. Para estas titulacións os exames terán lugar entre o 29 de xaneiro e o 19 de febreiro e entre o 9 de xuño e o 4 de xullo, respectivamente. A convocatoria extraordinaria de setembro celebrarase entre os días 1 e 15 de dito mes.
No caso dos planos de estudos non estruturados en créditos as clases comezarán o 1 de outubro e rematarán o 30 de maio de 2008. Os exames para estas titulacións serán entre o 2 de xuño e o 4 de xullo, sendo a convocatoria de setembro común aos dous planos de estudos.
Segundo o calendario académico previsto para este novo curso, as actividades docentes interromperanse dende o 22 de decembro de 2007 ata o 7 de xaneiro de 2008, os días 4 e 5 de febreiro, e dende o día 17 ao 24 de marzo de 2008. Ademais, terá carácter festivo o día 28 de xaneiro de 2007 pola celebración de San Tomé de Aquino.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.09.2007.