Ir o contido principal

As clases presenciais volven o 1 de marzo

Imaxe de arquivo dunha clase na USC. FOTO: Santi Alvite
Imaxe de arquivo dunha clase na USC. FOTO: Santi Alvite
“Seguimos as indicacións das autoridades sanitarias e adaptamos a nosa actividade aos escenarios que estas definen partindo sempre da base de que a presencialidade é esencial e o seu exercicio é o obxectivo prioritario”, explicou o reitor Antonio López nunha mensaxe dirixida a toda a comunidade universitaria
Lugo, Santiago de Compostela

A USC retomará a docencia presencial o vindeiro 1 de marzo de acordo coas directrices establecidas polas autoridades sanitarias este luns. “O eixo das decisións que tomamos no equipo de goberno da USC dende o inicio da pandemia é a seguridade de toda a comunidade universitaria. Por este motivo, seguimos as indicacións das autoridades sanitarias e adaptamos a nosa actividade aos escenarios que estas definen partindo sempre da base de que a presencialidade é esencial e o seu exercicio é o obxectivo prioritario”, explicou o reitor Antonio López nunha mensaxe dirixida por correo electrónico a toda a comunidade universitaria.

O reitor quixo trasladar, asemade, “o recoñecemento a profesorado e alumnado do esforzo que se está a realizar para que a actividade docente poida continuar a desenvolverse de xeito non presencial”. “Co esforzo de todas e todos, e co cumprimento estrito das medidas e protocolos marcados polas autoridades sanitarias, pronto poderemos recuperar a vida nas aulas”, concluíu.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.02.2021.