Clausura do edición 2017-2018 do proxecto Mentoring
O proxecto Mentoring celebrará este mércores 9 o acto de clausura da edición 2017-2018, na que 80 estudantes puideron entrar en contacto con máis dun cento de mentores. A sesión comezará ás 13.00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca presidida polo reitor Juan Viaño, e coa participación do secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro; a concelleira de Igualdade, Marta Lois; o director territorial para Galicia de CaixaBank, Emilio Barreiro Borrajo; e a vicerreitora de Estudantes, Cultural e Responsabilidade Social, Dolorez Álvarez Pérez.
Na mesma sesión intervirán en representación do cadro de mentores e mentoras participantes nesta edición Nuria Pereira Martínez-Bort, presidenta do Instituto Europeo Campus Stellae, e Francisco Domínguez Martínez, asesora de presidencia en Televés. Tamén tomará a palabra o estudantes do grao en Enxeñaría Informática Ángel Rodríguez Cerdeira.
Hai tres anos naceu o proxecto Mentoring USC coa idea de poñer en contacto o alumnado de máster e de últimos cursos de grao ou egresados con profesionais de empresas a fin de que estes lles presten orientación e apoio na busca de emprego e no desenvolvemento do seu proxecto profesional. O proxecto inclúe igualmente a modalidade de Mentoring Inclusivo dirixido a estudantado con algunha discapacidade, o primeiro co apoio do Consello Social e este último co da Obra Social la Caixa.