Ir o contido principal

Clausura da exposición dos Premios María Josefa Wonenburger Planells da Unidade de Muller e Ciencia

As universidades galegas a través das Oficinas e Unidades de Igualdade colaboraron estes meses acubillando nos seus sete campus a exposición das galardoadas dos Premios María Josefa Wonenburger Planells -que outorga a Unidade de Muller e Ciencia dende o ano 2007- coa que se pretende visibilizar as contribucións feitas por estas científicas e tecnólogas galegas, e así dar a coñecer entre a comunidade universitaria o traballo destas mulleres.

A mostra, agora presente no claustro do Colexio de Fonseca, clausurarase este mércores 29 de xuño, ás 13:30 horas nun acto no que intervirán o reitor da USC, Juan Viaño, e o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.06.2016.