Clausuradas na Facultade de Física as XII Xornadas do Día Mundial do Medio Ambiente
A presidenta do Parlamento de Galicia, Dolores Villarino, e a decana da Facultade de Física, Mª Ángeles López Agüera, clausuraron este venres 1 de xuño as XII Xornadas do Día Mundial do Medio Ambiente, celebradas na Aula Magna de Física ao longo de toda esta semana.
No desenvolvemento das diversas sesións científicas participaron representantes das plantas de compostaxe de Nostián e de Barbanza, así como de Sogama, do Instituto Enerxético de Galicia, e de departamentos da Xunta de Galicia relacionados coa xestión de recursos forestais, medio ambiente e desenvolvemento sostible, e do Plan de Optimización Enerxética do Parlamento de Galicia.
Este cadro de relatores permitiu aos asistentes coñecer de primeira man cuestións relacionadas coa xestión de residuos sólidos urbanos, radioactivos e forestais, así como sobre enerxías renovables, aforro e eficiencia enerxética, e cambio climático.