Ir o contido principal

Clausúrase no Colexio de Fonseca unha nova edición do Máster en Ciencias da Familia

O Máster en Ciencias da Familia pechará este xoves 24 a súa decima edición na que se matricularon 77 estudantes procedentes de Arxentina, Brasil, Chile, Ecuador, México, Paraguai e España. O reitor Juan Casares preside o acto de clausura que comezará ás 17:00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca. Ao acto asistirán tamén a decana da Facultade de Psicoloxía, Carolina Tinajero; o director do máster, Agustín Dosil; e os secretario xerais da OIEC, CIEC e da FEDE, Ángel Astorgano, Leonardo Rincón e Juan Antonio Ojeda, respectivamente. Este posgrao propio da USC, cunha carga lectiva de 750 horas, pretende dar resposta aos problemas educativos, psicolóxicos e sociais no contexto dunha sociedade tecnolóxica e complexa, por medio dun espazo de formación básica e permanente para cubrir as necesidades de perfeccionamento e actualización dos profesionais que se ocupan da educación e que traballan coas familias. Entre os seus obxectivos, o programa deseñado pretende facilitar o alumnado o coñecemento dos modelos e correntes actuais nos distintos campos das ciencias da familia, achegándolle coñecementos teórico-prácticos da problemática que afecta á familia na sociedade actual e das técnicas a utilizar para a súa resolución, así como as habilidades necesarias para a intervención e o exercicio profesional en Orientación e Medición Familiar.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.02.2011.