Clausúrase en Lugo o Máster en Enxeñaría da madeira estrutural
O Salón de Actos da Escola Politécnica Superior de Lugo acolle na tarde deste venres, ás 18:00 horas, o acto de clausura do Máster en Enxeñaría da madeira estrutural, o único que se ofrece en España con estas características, extensión e especificidade.
Nas 500 horas que durou este título propio de posgrao da USC, os estudantes aprenderon todos os aspectos relacionados co deseño e cálculo de estruturas de madeira, de moita importancia na actualidade pola necesidade de incorporalo como material para unha construción más sustentable e ecoeficiente.
Como traballo fin de Máster o alumnado presentará neste acto os pósters nos que propoñen solucións para pór en contacto o parque Marcos Cela coa rúa de Santiago a través dunha pasarela peonil de madeira.
A Plataforma de Enxeñaría da Madeira (PEMADE) da USC, organizadora do Máster, a través do seu director, o catedrático Manuel Guaita Fernández, fará entrega xunto ao director do CIS Madeira de tres premios aos mellores traballos realizados.
O Salón de Actos da Escola Politécnica Superior de Lugo acolle na tarde deste venres, ás 18:00 horas, o acto de clausura do Máster en Enxeñaría da madeira estrutural, o único que se ofrece en España con estas características, extensión e especificidade. Nas 500 horas que durou este título propio de posgrao da USC, os estudantes aprenderon todos os aspectos relacionados co deseño e cálculo de estruturas de madeira, de moita importancia na actualidade pola necesidade de incorporalo como material para unha construción más sustentable e ecoeficiente. Como traballo fin de Máster o alumnado presentará neste acto os pósters nos que propoñen solucións para pór en contacto o parque Marcos Cela coa rúa de Santiago a través dunha pasarela peonil de madeira. A Plataforma de Enxeñaría da Madeira (PEMADE) da USC, organizadora do Máster, a través do seu director, o catedrático Manuel Guaita Fernández, fará entrega xunto ao director do CIS Madeira de tres premios aos mellores traballos realizados.