Clausúrase o máster en intervención e emancipación de mozos e mozas en conflito social
O reitor da USC, Juan Casares Long, presidirá este xoves 21 a clausura do máster en intervención e emancipación de mozos e mozas en conflito social, que comezará ás 20.00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca. No acto intervirán ademais o presidente do Instituto Galego de Xestión para o terceiro sector (IGAXES 3), Luis Barreiro; o coordinador do máster, José Antonio Caride; o director do Departamento de Teoría da Educación, Antonio Rodríguez Martínez; e a secretaria xeral de Política Social da Xunta de Galicia, Coro Piñeiro. A continuación, terá lugar a conferencia ‘A ética profesional no eido social’ a cargo do profesor da Facultade de Traballo Social da Universidade Ramón Llull, Jesús Vilar.