Ir o contido principal

Clausúrase o Máster en Protocolo e relacións institucionais da USC

A novena edición do Máster en Protocolo e relacións institucionais da Universidade de Santiago clausurarase este venres 4 no salón de graos da Facultade de Ciencias Políticas. A cerimonia, que dará comezo ás 18.00 horas, será presentada por José Fernández Navas Ramírez-Cruzado, profesor do modulo de Protocolo Militar e Oratoria e xefe de Protocolo do Museo Militar da Coruña. Nela intervirá a madriña da promoción, Esperanza Guede Teixeira, directora dos Cursos de Protocolo da USC, secretaria de Dirección da Fundación Cidade da Cultura de Galicia e directora da Escola Galega de Protocolo. A próxima edición, para a que está aberta a preinscrición, comezará a finais de setembro.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.05.2012.