O CLM abre o prazo das Conversas en Linguas Modernas

O día 20 remata o prazo para realizar o test de nivel e/ou formalizar a inscrición
O Centro de Linguas Modernas da USC abriu este mércores 1 de outubro a convocatoria das Conversas en francés, inglés e checo. Quen desexe matricularse, pertenza ou non á comunidade universitaria aínda que con diferentes tarifas, dispón ata o día 20 para, de ser o caso, realizar o test de nivel e formalizar a inscrición.
As conversas ofrécense nos niveis intermedio e avanzado e terán lugar dende finais deste mes ata mediados do vindeiro decembro no caso de inglés e checo, e ata xaneiro no de francés.