O CLM organizará en abril no campus de Lugo un ciclo de cinema negro francés en versión orixinal que inclúe tres proxeccións
A sección de Francés do Centro de Linguas Modernas no campus de Lugo desenvolverá ao longo do mes de abril un ciclo de cinema negro francés, en versión orixinal e con subtítulos en castelán, que inclúe a proxección de tres clásicos de xénero.
A proxeccións programadas ao abeiro desta actividade, coordinada pola profesora de Francés do Centro de Linguas Modernas da USC no campus de Lugo, Martázul Busto, desenvolveranse os martes 1,8 e 22 de abril, a partir das 19.30 horas, no salón de actos do Complexo Docente do campus de Lugo. A entrada é libre e gratuíta para todas as persoas interesadas. A programación desta segunda edición do ciclo de cinema negro francés comezará o vindeiro 1 de abril coa proxección de ‘Touchez pas au grisbi!’ (Non toquedes a pasta!), un filme dirixido por Jacques Becker en 1954. A segunda entrega deste ciclo chegará o 8 de abril con ‘Le Samourai’, (O Samurai), un filme dirixido por Jean-Pierre Melville en 1967. ‘L’horloger de Saint-Paul’ (O reloxeiro de Saint-Paul), unha produción cinematográfica dirixida por Bernard Tavenier en 1974, servirá de colofón do ciclo o vindeiro 22 de abril.