Ir o contido principal

O Club de Estudantes Emprendedores da USC clausura o curso na Asociación de Empresarios do Tambre

Os socios e socias do Club de Emprendedores da USC clausuran o curso este mércores 14 na Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre cunha visita que será a última das actividades programadas para este ano académico.
Nese parque empresarial compostelán coñecerán de cerca, ás 11:00 horas, Gamelsa, unha filial do Grupo Televés especializada en transformacións metálicas, para trasladarse unha hora máis tarde ao Salón de actos da Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre. Alí charlarán con membros da xunta directiva e participarán nunha dinámica de grupo coa que se pechará a sesión e o curso 2009-10 da Aula de Práctica Empresarial.
Á actividade pode apuntarse calquera estudante a través da páxina web do Club de Estudantes Emprendedores.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.04.2010.