Ir o contido principal

O Club USC organiza a quinta proba da Liga Galega de Orientación a Pé

O Club USC organiza a quinta proba da Liga Galega de Orientación a Pé
O Club USC organiza a quinta proba da Liga Galega de Orientación a Pé
Disputarase este sábado no Pedroso coa participación de 435 participantes

O Club USC organiza este sábado 27 a quinta proba da Liga Galega de Orientación a Pé que se disputará no monte Pedroso coa participación de 401 inscritos/as, ademais doutros 34 inscritos/as de entre 3 e 8 anos.

Os primeiros corredores iniciarán a competición ás 10.30 horas cun tempo máximo de carreira para todas as categorías de 150 minutos. O peche da meta producirase ás 15.00 horas. As persoas interesadas poden atopar máis información sobre esta competición na web.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.05.2017.