Ir o contido principal

O Colexio Maior Rodríguez Cadarso imponlle este venres a beca de honra a Darío Villanueva

O Colexio Maior Rodríguez Cadarso celebra este venres, 1 de abril, o acto acto académico de imposición de becas, que presidirá o reitor Juan Viaño.

A cerimonia terá lugar ás 20:30 horas no salón de actos do colexio e nela entregaráselle a beca de honra ao profesor Darío Villanueva, director da RAE.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 31.03.2016.