O Colexio Maior San Clemente acolle este luns unha charla informativa sobre Rugby Tag

Comezaron en Santiago as xornadas gratuítas e abertas ao público para coñecer o rugby tag, unha modalidade de iniciación ao rugby pero sen contacto físico. Promóvenas o Servizo de Deportes e o Santiago Rugby Club, dirixidas especialmente á comunidade universitaria. De xeito complementario, este luns 11 está prevista unha charla informativa no Colexio Maior San Clemente ás 20.30 horas.
As distintas sesións desenvolveranse todos os xoves de abril (7, 14, 21 e 28) entre as 20.00 e as 21.30 horas no campo de hóckey da USC.