Os colexios profesionais entregan as insignias e Premios Fin de Carreira 2016 a novos enxeñeiros agrícolas da Escola Politécnica

Os colexios oficiais de enxeñeiros técnicos agrícolas celebrarán este mércores 25 de maio, a partir das 12.00 horas, no salón de actos da Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC, o acto de entrega de insignias e Premios Fin de Carreira San Cidre 2016 aos novos titulados en Enxeñaría Técnica Agrícola e aos graduados en Enxeñaría Agrícola e do Medio Rural, Enxeñaría das Industrias Agroalimentarias e Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria, así como aos autores dos mellores proxectos de fin de carreira e fin de grao e estudos técnicos.
O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno, presidirá esta sesión académica, no marco da que tamén intervirán o director da Escola Politécnica Superior, Tomás Cuesta; os presidentes dos colexios oficiais de enxeñeiros técnicos agrícolas de Lugo e de A Coruña e Pontevedra, José Armando Rey e Rafael Muíños, respectivamente, ademais da subdirectora de Planificación e Coordinación de Fondos PDR da Consellería de Medio Rural, Patricia Ulloa Alonso.