Comeza no campus lugués o curso de tiro con arco
Unha vintena de alumnos do campus de Lugo participarán dende o luns 14 nun curso de tiro con arco que celebrará a área de Deportes todos os luns e mércores do que resta de mes.
As clases desenvolveranse entre as 15:30 e as 17:30 horas nos sotos da Facultade de Veterinaria, baixo o pavillón central.
A área de Deportes da USC está a incentivar a práctica desta disciplina, polo que o monitor do curso realizou durante o pasado mes unha serie de exhibicións que se repetirán en datas próximas.