Comeza o Curso de Construción e Manipulación de Zancos do III Teateatre impartido por Avelino González
O curso de Construción e Manipulación de Zancos comezou este luns 10 impartido polo actor Avelino González no marco do III Teateatre que patrocina o Concello de Lugo a través da Concellaría de Cultura e Turismo, a Vicerreitoría de Cultura da USC, Creación e Difusión Cultural da Xunta de Galicia e a Escola Arte e Lecer Fingoi.
As clases, que contan tamén coa colaboración da Federación Galega de Teatro Afeccionado e a Coordinación de Palimoco Teatro, desenvolveranse os días 10, 17, 24 e 29 deste mes. Os alumnos tratarán de entender as características físicas e técnicas dun zanco a través da sua contrución, así como os equilibrios, relacións de forzas, puntos de apoio ou suxeicións. Posteriormente practicarán subíndose neles e coñecendo as posibilidades do aparello na interpretación do actor. Este curso ten como pretensión a creación dun grupo de zancos permanente na cidade de Lugo.