Comeza o curso deportivo 2013-2014 na USC
As persoas interesadas xa poden darse de alto como usuarios/as de deportes da Universidade de Santiago de Compostela e así poder gozar da oferta deportiva que a institución académica desenvolverá ata xullo de 2014. No Campus de Santiago, a condición de usuario permitirá acceder á práctica libre nas instalacións deportivas, a inscrición nas actividades do mes de setembro, tanto cursos como rutas de sendeirismo, e a acceder á información sobre as actividades previstas das ligas universitarias neste curso. A información sobre as actividades do Campus de Lugo estará dispoñible na web en breve. As persoas interesadas poderán atopar na web toda a información relativa á alta como usuario, as actividades de Compostela, instalacións de Santiago, ligas universitarias e sobre como darse de alta na lista de distribución USC-DEPORTE.