Comeza a décimo novena edición do Foro dos Recursos Mariños e da Acuicultura das Rías Galegas
Investigadores da USC organizan a décimo novena edición do Foro dos Recursos Mariños e da Acuicultura das Rías Galegas (ForoAcui) que se estenderá ao longo dos días 6 e 7 no Grove. O director da Estación de Hidrobioloxía Encoro do Con, Fernando Cobo, pronunciará este xoves 6 a conferencia inaugural dedicada ao peixes migratorios nunha sesión que comezará ás 10.30 horas.
Estruturado en diversas mesas de traballo, na primeira xornada desenvolveranse as dedicadas a Marisqueo e pesca de baixura, Acuicultura e Empresas e recursos. Xa o venres, terá lugar con carácter monográfico as mesas sobre Novos recursos marisqueiros, planes de explotación experimental e comercialización.
O abano de temas seleccionouse pola súa actualidade, crecente interese ou polas importantes novidades que poidan achegar ao coñecemento e ao debate, o que entronca co obxectivo do Foro: que a administración, investigación, empresa, estudantando e futuros profesionais se reúnan para escoitar, coñecer, analizar e debater entre eles e cos relatores.