Ir o contido principal

Comeza en Lugo un curso de fotografía dixital

O Campus de Lugo acolle dende este venres 6 de novembro un curso de iniciación á fotografía dixital, a cargo do profesor José Reigosa, e que se desenvolverá os días 6, 7, 13, 14, 20 e 21 de novembro, en horario de 17:00 a 21:00 horas os venres, e de 10:00 a 14:00 horas os sábados, na Aula de Fotografía.
Este curso de iniciación á fotografía dixital enmárcase dentro dunha actividade continua ao longo do ano nas modalidades analóxica e dixital, e que incorpora este ano dous cursos de iniciación e un de perfeccionamento.
Os membros da comunidade universitaria afeccionados ao mundo da imaxe poden, ademais, unirse ao grupo de fotografía do Campus ata o vindeiro 15 de novembro, para participar nas saídas, cursos e encontros que organiza este colectivo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.11.2009.