Ir o contido principal

Comeza en Lugo o primeiro curso de español como lingua estranxeira para profesores

O luns, día 23, comeza en Lugo a primeira edición do Curso de formación para profesorado de español como lingua estranxeira, que se desenvolverá ata o vindeiro 4 de decembro na Facultade de Humanidades, cun total de 40 horas lectivas, impartidas en horario de tarde.
O curso, organizado conxuntamente polo departamento de Cursos Internacionais e o Centro de Linguas Modernas da USC, diríxese a estudantes de último curso e licenciados en Filoloxía ou Tradución e Interpretación, a mestres de Primaria e Secundaria, e a docentes doutras disciplinas que buscan orientarse cara ao ensino de español como lingua estranxeira.
A USC leva anos desenvolvendo programas de formación para profesores, tanto estranxeiros coma locais, en Santiago, pero agora aposta por ampliar esta actividade formativa ao campus de Lugo.
O ensino de español a estudantes estranxeiros é unha saída profesional moi demandada, xa que abre un amplo abano de posibilidades laborais. Países como Brasil ou Noruega, que incorporaron recentemente o español nos plans curriculares do ensino regulado, requiren un elevado número de profesores desta lingua.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.11.2009.