Ir o contido principal

Comeza o traballo do alumnado de Santiago e Lugo con bolsa de Sustentabilidade, Participación e Integración Universitaria

Comeza o traballo do alumnado de Santiago e Lugo con bolsa de Sustentabilidade, Participación e Integración Universitaria
Comeza o traballo do alumnado de Santiago e Lugo con bolsa de Sustentabilidade, Participación e Integración Universitaria

Un total de 27 estudantes de Santiago e Lugo -un por cada centro docente- foron seleccionados este ano como bolseiros/as de Sustentabilidade, Participación e Integración Universitaria (SPIU) da USC para colaborar en proxectos ambientais, sociais e de integración, estes últimos en colaboración co Servizo de Participación e Integración Universitaria. A aposta da Oficina de Desenvolvemento Sostible da USC pola implicación da comunidade universitaria en actuacións a prol da sustentabilidade vese reforzada ademais pola convocatoria da segunda edición das bolsas de colaboración co programa ‘USC en Transición’. Estes estudantes, 6 en Santiago e 3 en Lugo, colaborarán na dinamización da USC para promover modelos de vida máis sostibles que contribúan a reducir a pegada e a débeda ecolóxica da universidade, reforzando á súa vez o sentimento de pertenza a unha comunidade. As persoas beneficiarias das bolsas comezaron este luns cunha xornada formativa na Residencia Universitaria Monte da Condesa na que coñeceron as actividades e a dinámica de traballo que se vai seguir ao longo do curso. Ademais, asistiron a unha presentación sobre comunidades en transición e boas prácticas en materia de participación ambiental en universidades.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.12.2012.