Ir o contido principal

Comezan no CEA os traballos do proxecto 'Priority'

A Universidade de Santiago coordina os traballos do proxecto europeo ‘Priority’, cuxa primeira reunión de traballo celébrase este venres 30 no Centro de Estudos Avanzados da USC. O proxecto, do 7º Programa Marco da Unión Europea, está encamiñado á investigación sobre prións en todos as súas dimensións, dende a bioloxía básica ata o desenvolvemento de mellores métodos de detección e descontaminación.
Participan no seu desenvolvemento vinte e un grupos de investigación de once países e está dotado con seis millóns de euros. Os traballos desenvolveranse durante os próximos catros anos e deberán conducir a un coñecemento definitivo sobre os prións.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.10.2009.