Ir o contido principal

Comezan na Fonoteca universitaria as sesións de musicoterapia

Experimentar co son e a música e así abrir posibilidades para conectar o mundo interior co día a día será o que fagan os que a partir deste luns, día 31, asistan ás sesións de musicaterapia que se desenvolverán na Fonoteca universitaria organizadas pola Vicerreitoría de Cultura. Desenvolvida paralelamente no Campus de Lugo, esta actividade está a contar con grande aceptación entre a comunidade universitaria.
Todos os luns dos vindeiros meses, ata xuño, os participantes asistirán ás explicacións da directora da Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela, Montserrat López Merino. A primeira das sesións será este luns 31, ás 12:00 horas para o grupo da mañá e ás 17:00 para o da tarde.
Monserrat López é musicoterapeuta, profesora de linguaxe musical, teoría da música e repentización, transporte e acompañamento e profesora superior de piano na escola que dirixe. Traballa ademais como musicoterapeuta aplicada ao ámbito educativo e nunha investigación sobre as posibilidades terapéuticas da voz na estimulación e rehabilitación en estados limitados da comunicación como a demencia e o coma. É tamén presidenta da Asociación Galega de Musicoterapia AGAMUS.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.03.2008.