Comezou a inscrición nas probas de clasificación para os cursos do segundo semestre de linguas estranxeiras, galego e catalán

O Centro de Linguas Modernas da USC abriu este venres 8 o prazo para inscribirse nas probas de clasificación para poder asistir aos cursos do 2º semestre de linguas estranxeiras, galego e catalán no Campus de Lugo e Santiago e a matrícula nos cursos de nivel de iniciación que non precisan a proba de nivelación.
Estas probas de clasificación diríxense ao alumnado que ten coñecementos previos da lingua que desexa estudar e non ten o nivel asignado polo CLM nin pola EOI no curso anterior.