Ir o contido principal

Comezou en Medicina o encontro que reúne a estudantes de España e Portugal

Arredor de trescentos estudantes de Medicina de España e Portugal reúnense dende hoxe e ata o venres na Universidade de Santiago no seu terceiro Congreso ‘CibEMe’. Nel, entre outras actividades, exporán traballos de investigación realizados nos seus respectivos departamentos.
CibEMe é o único congreso de estudantes de Medicina exclusivamente ibérico que naceu hai dous anos da man da asociación AFieMED coa finalidade de promocionar a investigación médica entre os alumnos das facultades emprazadas na Península. Como en ocasións anteriores, o encontro enfócase cara ás novas tecnoloxías e os progresos médicos no ámbito internacional.
O congreso inaugurouse este mércores nun acto no que participaron o vicerreitor de Comunidade Universitaria e Compromiso Social, José M. Mayan; o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro; a subdirectora xeral de Análise, Avaliación Asistencial e Atención ao Paciente, Estrella López-Pardo; o director operativo do CHUS, Ollando Saavedra; e o presidente do comité científico do congreso, José Ramón González-Juanatey, e a presidenta do comité organizador, Cátia Cerqueira.
Logo da apertura tivo lugar unha mesa redonda na que se analizaron as novidades en enfermidades cardiovasculares. Participaron o cardiólogo do Hospital Pedro Hispano de Porto (Portugal), Jorge Polonia; o catedrático González Juanatey; e o doutor do Servizo de Neuroloxía do CHUS, Miguel Blanco.
A sesión matinal completouse con outra mesa de debate sobre emerxencias médicas na que interviñeron o director da Fundación Pública 061, Antonio Iglesias; o médico residente de Cardioloxía do CHUS, Pablo Aguiar; e Ramiro Trillo Nouche, do Servizo de Cardioloxía do CHUS.
Programa do xoves 29A xornada do xoves dedicarase enteiramente á oncoloxía, comezando cunha mesa redonda na que intervirán expertos do CHUS, do Ramón y Cajal e do ME&A Inc Research, para continuar con relatorios concretos sobre diversos tipos de cancro.
Xa pola tarde os asuntos a tratar referiranse sobre todo á importancia da comunicación en oncoloxía tanto aos pacientes como ás familias.
O primeiro premio, a HarvardEste ano por primeira vez o premio para o mellor traballo científico presentado é unha bolsa, dunha duración dun mes, para participar nun proxecto de investigación na Universidade de Harvard, concretamente na Medical School e no Beth Israel Deaconess Medical Center (Center for Advanced Orthopedic Studies). Alíterá a oportunidade de interaccionar con distintos grupos de investigación, integrados por máis de trinta estudantes de doutoramento e posdoutoramento. As actividades propostas teñen como cerne a bioloxía osteoclástica básica, a transcrición xenética, a bioloxía das citoquinas, a biomecánica e bioloxía do oso e cartílago e a terapia xenética.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.10.2009.