Ir o contido principal

A comisión cultural de Ciencias da Educación organiza dúas conferencias sobre igualdade e sobre naturalización dos contornos escolares

Ciencias da Educación organiza este venres 25 dúas novas conferencias sobre igualdade e sobre naturalización dos contornos escolares, incluídas na programación de actividades da súa Comisión de Cultura. A primeira cita desenvolverase entre as 11.30 e as 13.00 horas na Aula 17 do Módulo A do edificio de Campus Vida e contará coa presenza como relatores de Elisa Pérez Vázquez, Inma Orol Janeiro, Lucía Canoura Sánchez e Alba García Pico para explicar as actividades e materiais con que conta o Observatorio da Mariña pola Igualdade. Esta é unha actividade que promove o profesor Jesús Rodríguez.

A continuación, ás 12.30 horas no Salón de Actos no edificio do Campus Norte, o escritor, comunicador ambiental e ornitólogo, Antonio Sandoval, presentará o álbum ilustrado ‘A árbore da escola: pedagoxía e naturalización dos contornos escolares’. Promovida pola profesora Isabel García-Rodeja. En ambos os dous casos, son propostas que non requiren de inscrición previa e que cubrirán a asistencia ata completar o aforo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.11.2016.