Ir o contido principal

A Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas celebra na Biblioteca América a súa xuntanza anual

De esquerda a dereita, Antonio Rodríguez Miranda, Juan Viaño e Isabel Casal. Foto: Servimav-USC
De esquerda a dereita, Antonio Rodríguez Miranda, Juan Viaño e Isabel Casal. Foto: Servimav-USC
Presidiu a inauguración da reunión o reitor Juan Viaño

O reitor Juan Viaño presidiu este xoves 12 a inauguración na Biblioteca América da xuntanza anual da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas, máximo órgano de representación e reflexión entre plenarios do Consello. Xunto ao reitor, estiveron presentes ademais o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e a directora da Biblioteca Universitaria, Isabel Casal, quen explicou a transcendencia da Biblioteca América emprazada no Colexio de Fonseca, “ exemplo da contribución da emigración galega” por canto é resultado da achega do emigrante compostelán Gumersindo Bustos, permitindo consolidar un fondo especializado sobre América Latina. A elección deste espazo no Colexio de Fonseca por parte da Secretaría Xeral de Emigración evidencia, en opinión de Juan Viaño, a vocación internacional da institución académica compostelán e o punto de encontro das comunidades galegas no exterior, a cuxos representantes agradeceu que foran altofalantes da reputación desta universidade centenaria. Foman parte da Comisión Delegada do Consello das Comunidades Galegas catorce membros en representación de cadansúa entidade. Tras o plenario do último Consello, foron elixidos pola demarcación española a Agrupación Cultural Saudade de Barcelona, o Centro Galego de Salamanca, a Agrupación Fillos de Galicia de Sestao (Biscaia), e o Lar Galego de Sevilla. Pola demarcación europea, saíron electos o Centro Galego de Lisboa, o Centro Cultural Galego de Frankfurt, o Centro Galego de Londres e o seu homólogo de Bruxelas. Por parte da diáspora en América, represéntana a Hermandad Gallega de Venezuela, o Centro Galego de Montevideo, a Asociación Unión do Partido Xudicial de Ordes de Bos Aires e a Sociedade Cultural Rosalía de Castro de La Habana. Son arestora membros natos da Comisión o Centro Galego de Bos Aires e a Casa Galicia de Montevideo. Foman parte da Comisión Delegada do Consello das Comunidades Galegas catorce membros en representación de cadansúa entidade. Foto: Servimav-USC

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.06.2014.