A Comisión Electoral Central publicou a resolución provisoria de candidaturas electas nas eleccións a claustro, xuntas de centro e consellos de departamento
A Comisión Electoral Central da USC acaba de facer pública a resolución provisoria de candidatos/as electos/as nos procesos desenvolvidos para a elección de representantes de alumnado no Claustro e nas Xuntas de Centro e da totalidade dos sectores nos Consellos de Departamento. Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso por escrito presentado no Rexistro Xeral da USC dende este venres 25 ata as 14.00 horas do 29 de maio. A proclamación definitiva realizarase o mércores 30. A información relativa a estes procesos pódese consultar na páxina web www.usc.es/eleccions2012.