Ir o contido principal

A Compañía de Danza da USC presenta ‘Comunicando’ no 17º Festival Internacional de Teatro Universitario da Beira Interior

A Compañía DanzaUSCompostela atópase esta semana na vila portuguesa de Covilhá para participar no 17º Festival Internacional de Teatro Universitário da Beira Interior. Baixo a dirección artística de Juan Carlos Zahera, o grupo da USC presentará a peza ‘ Comunicando’ con coreografía de Nuria Sotelo. Actúan Raúl Asensis, Mª Angeles Dobao, Aida Fernández, Marcos Franco, Ipek Guler e Isabel Sánchez. Durante os 20 minutos que dura a peza cuestionarán o paradoxo existente na comunicación entre persoas no contexto actual de hiperconexión virtual e cómo se xestiona a información á que temos acceso e coa que somos bombardeados a diario. Para participar nesta edición do festival foron convidados tamén o grupo teatral Maricastaña de Ourense e a compañía de danza da Universidade Carlos III de Madrid, ademais de grupos portugueses de Aveiro, Coimbra, Lisboa e Vieira de Leiria.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.03.2013.