A Compañía de Danza da USC súmase ao Festival Miradas de Mulleres

A Compañía de Danza da USC estreou este luns 17 unha nova produción que se suma ás organizadas dentro do Festival Miradas de Mulleres, dedicado ao Día Internacional das Mulleres. No caso de Compostela, no xardín do Colexio de Fonseca, a proposta que executou a compañía USCompostela levaba por título ‘Onde se fugan as valentes’, con dirección artística de Juan Carlos Zahera. A experiencia dun encontro entre mulleres é o punto de partida desta peza. Como explica o director da compañía en referencia ao sentido da peza, “non importa o pasado, só o presente que se atopa entre o aquí e o agora. Agora é o momento, imos visibilizar o invisible, ser parte dos lugares que foxen e perdernos entre os froitos dos encontros e desencontros”. Con coreografía de Xiana Vilas, a posta en escena correspondeu a Paula Cabrito, Ángeles Dobao, Miryam Gallego, Ipek Guler, Patricia Martínez e Mª José Pérez. O acompañamento musical será un collage musical.