Ir o contido principal

A Compañía de Teatro do Campus de Lugo interpreta 'Km 526' no auditorio de Vilalba

A Compañía de Teatro da USC do Campus de Lugo interpretará este venres 13, ás 19:00 horas no Auditorio Carmen Estévez de Vilalba a peza ‘Km 526’ de Paloma Lugilde baseada no texto ‘As Costureiras’ de Claudio Rodríguez Fer.
Esta peza teatral conta a historia do matrimonio formado pola intelectual republicana Xoana Capdevielle e Francisco Pérez Carballo, último gobernador da República na Coruña, dende que se coñecen en Madrid ata que son fusilados en 1936.
A Compañía de Teatro do Campus de Lugo estreou esta peza no XII Festival Internacional de Teatro Universitario e recibiu a mención especial do xurado na MITEU de Ourense, tamén obtivo moi boa acollida no Festival de Teatro de Lisboa.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.07.2007.