Ir o contido principal

A compañía de teatro Krilajo presenta este mércores a obra ‘Probe Yorick’ na residencia Jesús Bal y Gay

Cartaz da montaxe 'Pobre Yorick'
Cartaz da montaxe 'Pobre Yorick'
A representación, de entrada libre e de balde, comeza ás 21.30 horas

A compañía teatral Krilajo presentará este mércores, a partir das 21.30 horas, no salón de actos da residencia universitaria Jesús Bal y Gay do campus de Lugo, a obra ‘Pobre Yorick’, unha montaxe que convida a reflexionar sobre a identidade e os medos de cada persoa a través dun protagonista que sae da tumba.

Hugo Carrasco e Marcos Codesal son os dous actores que interpretan esta nova peza creada pola compañía Krilajo. A entrada é libre e de balde para todas as persoas interesadas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.02.2017.