A Compañía de Teatro da USC busca actores e actrices
A Compañía de Teatro da USC realizará esta semana as probas de selección de actores e actrices para a que será a súa próxima produción teatral Apnea (Variación 2ª). As persoas interesadas en formar parte da Compañía teatral poderán acudir ás probas convocadas para os días 17, 18 ou 19 a partir das 18.00 horas na Sala Roberto Vidal Bolaño. Programa formativo
Por outra banda, este luns 16 comezou a inscrición no programa de formación teatral da Aula de Teatro da USC. As distintas iniciativas formativas agrúpanse en dous bloques dedicados a completar as habilidades e destrezas das persoas que se apunten no ámbito da Dirección e no da Interpretación, en ambos os dous casos co recoñecemento de cinco créditos ECTS.