Ir o contido principal

A compañía de teatro USC-Lugo presenta o luns en Toledo a obra ‘WK’ no marco do festival de teatro universitario

A compañía de teatro USC-Lugo presentará este luns 30 de abril, a partir das 18.00 horas, no Círculo de Toledo, a súa última montaxe, ‘WK’, unha peza baseada en textos de Woyzech, obra inconclusa de Bchner, pero coa estética de Kantor.

A formación teatral do Campus Terra da USC, dirixida por Paloma Lugilde, estreou esta obra no Festival de Teatro Universitario de Lugo, para logo repetir esta actuación en Ourense, na Mostra Internacional de Teatro Universitario (Miteu) de Ourense, en Vigo e máis recentemente en Santiago de Compostela.

A compañía de teatro USC-Lugo continúa a xira da súa última montaxe en Toledo, onde a directora desta formación teatral ofrecerá este domingo unha ponencia sobre os cometidos e as problemáticas das aulas de teatro universitario, centrándose no caso da Aula de Teatro USC-Lugo, ao tempo que guiará un curso sobre o teatro no século de ouro. A xira da última montaxe da compañía de teatro USC-Lugo chegarán ao seu fin o 6 de maio en León.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.04.2018.