Ir o contido principal

A Compañía de Teatro da USC en Lugo presenta a súa obra In yer face en Lisboa, Santiago e a capital lucense

A obra , da Compañía de Teatro da USC en Lugo, poderá verse en certames de Lisboa, Santiago e Lugo durante este mes de maio
A obra , da Compañía de Teatro da USC en Lugo, poderá verse en certames de Lisboa, Santiago e Lugo durante este mes de maio
A aula dirixida por Paloma Lugilde recibiu recentemente o premio do xurado na XVII edición da Mostra de Teatro de Ourense

A Compañía de Teatro da USC en Lugo continúa coa serie de representacións da súa última obra, In yer face. Na túa cara. A próxima cita da aula dirixida por Paloma Lugilde é o xoves 10 en Lisboa, dentro do Festival Anual de Teatro Académico da capital portuguesa. Dentro deste mes de maio, o grupo participa tamén na XIII Mostra de Teatro Universitario de Galicia da USC en Santiago de Compostela. A representación será o luns 14 ás 21.00 horas no Teatro Principal. E o mércores 23 a compañía actúa dentro do programa ‘Punto e seguido’, que forma parte das actividades de Lugo Cultural 2012. Neste caso a cita é ás 20.30 horas no auditorio Gustavo Freire. Dirixida por Paloma Lugilde (quen se encargou tamén da dramaturxia e a escenografía), a produción baséase na biografía e na obra dramática da británica Sarah Kane e realiza unha proposta onde a angustia, a dor e a crueldade van tecendo a trama, na que unha particular Alicia realiza unha viaxe a un mundo que pouco ten que ver co país das marabillas de Lewis Carroll e no que subxace unha descarnada denuncia da violencia que caracteriza a sociedade moderna. A Miteu premia as compañías da USC A obra In yer face. Na túa cara da Compañía de Teatro da USC en Lugo foi recoñecida recentemente co premio do xurado na XVII Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense (Miteu), onde tamén resultou galardoada a Compañía de Teatro da USC en Santiago, neste caso co premio do público; a aula dirixida por Roberto Salgueiro conseguiu esta distinción por terceiro ano consecutivo, neste caso pola obra Comedia famosa do cabaleiro de Olmedo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.05.2012.