Ir o contido principal

A compañía Tik Teatro rende homenaxe a Eduardo Galeano na residencia Bal y Gay coa representación da obra ‘Mans de Papel’

Actores participantes na representación de 'Mans de Papel' na residencia Bal y Gay
Actores participantes na representación de 'Mans de Papel' na residencia Bal y Gay

A compañía de teatro universitaria Tik Teatro rendeu a súa particular homenaxe a Eduardo Galeano coa posta en escena de ‘Mans de Papel’, unha peza nacida de textos de Eduardo Galeano, quen serviu de inspiración para a formación deste grupo de teatro nado en 2007 baixo a dirección de Laura G. Recio.

O traballo presentado na representación desta peza é unha mestura de teatro e danza, o que outorga gran plasticidade e unha forma coral a esta obra, en cuxa posta en escena tomaron parte 11 persoas representativas da esencia deste grupo de teatro universitario.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.03.2016.