Ir o contido principal

A compañía da USC ‘Sinvergoña’ inaugura este xoves o programa de espectáculos do festival herDanza

A compañía da USC ‘Sinvergoña’ inaugura este xoves o programa de espectáculos do festival herDanza
A compañía da USC ‘Sinvergoña’ inaugura este xoves o programa de espectáculos do festival herDanza

O grupo de danza ‘Sinvergoña’ formado por alumnado do IV Ciclo da Universidade de Santiago será o encargado de inaugurar o programa de espectáculos do o Festival de Danza Contemporánea en Espazos herdados ‘ herDanza’. A posta en escea da peza ‘Tanto en tan pouco’, dirixida por Juan Carlos Zahera, será este xoves 8 ás 17.00 horas na Praza de Mazarelos.

A Universidade de Santiago, que se caracteriza dende hai décadas por unha forte aposta da danza contemporánea entre a comunidade universitaria, contribúe a este festival coa cesión de varios dos seus espazos. Así, os talleres están a ter lugar na Igrexa da Universidade e no Estadio de Atletismo da USC e varias das representacións de danza serán na Facultade de Historia e nos Xardíns de Fonseca.

Por outra banda, o director do Espazo de Danza da USC, Juan Carlos Zahera, sinala a importancia que a USC ten e tivo na promoción da danza en Lugo e Santiago. “Hai que ter en conta –e xplica– que moitas das compañías que hoxe existen nestas dúas cidades xurdiron das propias aulas da universidade e mesmo algunha naceu do programa de axudas da Vicerreitoría de Cultura para a creación de grupos independentes”.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.09.2016.