Ir o contido principal

Compostela, epicentro do debate sobre os retos da ciencia, a tecnoloxía e a innovación en Iberoamérica

Ata este xoves, o foro servirá para reflexionar, profundar e debater en cuestións como o impulso da formación de persoal investigador e da carreira científica. FOTO: Santi Alvite
Ata este xoves, o foro servirá para reflexionar, profundar e debater en cuestións como o impulso da formación de persoal investigador e da carreira científica. FOTO: Santi Alvite
O reitor Antonio López e a ministra de Ciencia e Innovación, Diana Morant, participan nesta xuntanza de ministras, ministros e altas autoridades no eido científico que chega na USC á súa quinta edición
Santiago de Compostela

A quinta reunión de ministras, ministros e altas autoridades de ciencia, tecnoloxía e innovación botou a andar este mércores, 2 de novembro, no Centro de Estudos Avanzados da USC. No acto, tomou parte o reitor Antonio López, xunto coa ministra de Ciencia e Innovación, Diana Morant; o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde López; o delegado do goberno en Galicia, José Manuel Miñones Conde; e Gumersindo Guinarte Cabada, concelleiro responsable de Presidencia, Relacións Institucionais e Turismo do Concello de Santiago, entre outras autoridades.

Ata este xoves, o foro servirá para reflexionar, profundar e debater en cuestións como o impulso da formación de persoal investigador e da carreira científica, o desenvolvemento e implementación da Estratexia Iberoamericana de Innovación, ou a promoción de Iberoamérica como rexión científica e dixital, entre outros aspectos. O diálogo sobre a articulación do Espazo Iberoamericano de Coñecemento será outra das materias tratadas na xuntanza.

De esquerda a dereita, Gumersindo Guinarte, Antonio López, Diana Morant e José Manuel Miñones Conde. FOTO: Santi Alvite
De esquerda a dereita, Gumersindo Guinarte, Antonio López, Diana Morant e José Manuel Miñones Conde. FOTO: Santi Alvite
Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.11.2022.