Ir o contido principal

A comunidade universitaria concéntrase este xoves en rexeitamento do asasinato da alumna Gloria García

Convocados pola Facultade de Ciencias da Educación da USC, a comunidade universitaria expresará este xoves 19 cun minuto de silencio o seu rexeitamento ao asasinato da alumna do Grao de Mestra de Educación Infantil Gloria García e o compromiso de contribuír a que ningunha persoa máis morra por violencia de xénero. A concentración terá lugar ás 11:00 horas na fachada principal da facultade, na Avenida Xoán XXIII.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.05.2011.