A comunidade universitaria de Lugo achegarase este martes ao programa Voluntariado Xacobeo 2010
Os membros da comunidade universitaria do Campus de Lugo poderán coñecer este martes 25 o programa Voluntariado Xacobeo 2010 da man da súa coordinadora xeral, Beatriz Barbeito, nun acto que terá lugar a partir das 18:00 horas no Salón de Actos da Escola Universitaria de Formación de Profesorado.
O obxectivo deste programa é prestar axuda ás persoas que fan o Camiño de Santiago, especialmente na temporada de verán cando se agarda unha maior afluencia de peregrinos.
A USC concederá catro créditos de libre configuración aos estudantes que participen nesta actividade, que supón fundamentalmente a colaboración en tarefas informativas e culturais.