Ir o contido principal

A comunidade universitaria de Santiago e Lugo elixe o luns 23 o reitor e representantes en Claustro Universitario

As mesas estarán abertas de 10.00 a 18.00 horas
As mesas estarán abertas de 10.00 a 18.00 horas

A comunidade universitaria de Santiago e Lugo elixirá o vindeiro luns 23 o futuro reitor da USC así como os representantes en Claustro Universitario. As 81 mesas electorais dispostas para esta xornada de votación permanecerán abertas entre as 10.00 e as 18.00 horas sen prexuízo do disposto para o voto anticipado.

Nestas eleccións están chamados a exercer o voto un total de 27.347 persoas, a maior parte do sector do estudantado (23.448). O resto de sectores son o Persoal de Administración e Servizos (1.472 votantes), profesorado doutor con vinculación permanente (1.455) e restantes categorías de persoal docente e investigador (972).

A proclamación provisional de reitor electo producirase o xoves 26 de abril, cun prazo entre o 27 de abril e o 2 de maio para a presentación de recursos ante a Comisión Electoral Central. Segundo o calendario electoral, a proclamación definitiva do reitor será o día 7 de maio.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.04.2018.