A comunidade universitaria da USC elixirá reitor/a e representantes ao Claustro o vindeiro 25 de abril
As eleccións a reitor/a da Universidade de Santiago e de representantes no Claustro Universitario celebraranse o vindeiro 25 de abril. O proceso electoral na USC abrirase este mesmo xoves 27 de febreiro coa publicación do censo provisional que se estenderá ata o día 7 de marzo. O censo electoral definitivo coñecerase o 18 de marzo, dando paso ao período para a presentación de candidaturas, do 19 ao 27 dese mesmo mes, e á posterior proclamación definitiva de candidatos/as, entre o 2 e o 4 de abril. O voto anticipado poderá exercerse do 21 ao 23 de abril. A campaña electoral, tanto no proceso para a elección a reitor como no de representantes en Claustro, estenderase do 5 ao 23 de abril, mentres que a xornada de votación realizarase o 25 de abril, de 10.30 a 18.30 horas. No caso das eleccións de claustrais a proclamación definitiva de candidatos/as terá lugar do 7 ao 12 de maio. No caso das eleccións a reitor/a, a proclamación definitiva producirase entre o 6 e 8 de maio. Segunda volta
De ser precisa a celebración da segunda volta na elección de reitor/a, está previsto que a prolongación da campaña electoral os días 9 e 10 de maio. A segunda votación tería lugar o 12 de maio e a proclamación definitiva de reitor/a o 23 de maio. Para acadar máis información, as persoas interesadas poden visitar á paxina das Eleccións 2014.