Ir o contido principal

A comunidade universitaria xa pode solicitar unha das bicicletas do programa de préstamo

A comunidade universitaria xa pode solicitar unha das bicicletas do programa de préstamo
A comunidade universitaria xa pode solicitar unha das bicicletas do programa de préstamo
Dentro da Semana Europea da Mobilidade, a Oficina de Desenvolvemento Sostible da USC acaba de incorporar á súa web o mapa peonil de Lugo e mantén o programa Comparte coche na USC

A Oficina de Desenvolvemento Sostible da USC acaba de abrir o prazo de solicitudes do programa de prestamos de bicicletas, dirixido a todos os membros da comunidade universitaria, tanto de Santiago como de Lugo. En total cederanse gratuitamente e por tempo limitado un total de 250 bicicletas. A solicitudes poderán formalizarse ata as 14.00 horas do próximo día 2 de outubro. As persoas interesadas terán que cumprimentar un formulario que atoparán no apartado ‘Como podo participar?’ da web do programa. A selección realizarase por estrita orde de presentación das solicitudes e publicarase na mesma web, onde tamén se dará a coñecer a lista de agarda e o día de recollida das bicicletas. Mapa peonil de Lugo A convocatoria do programa de préstamos da USC inclúense nos actos organizados estes días co gallo da Semana Europea de Mobilidade, na que tamén se inclúe o mapa peonil de Lugo, unha proposta para mudar os patróns de mobilidade dos universitarios/as e da cidadanía de Lugo cara un modelo máis sostible e favorecendo os traxectos a pé. No mapa, dispoñible na web da Oficina de Desenvolvemento Sostible da USC, especifícanse a distancia e tempo requiridos para desprazamentos a pé entre puntos significativos da cidade. A velocidade media para os cálculos é de 4 km/h. É unha iniciativa que tenta contribuír ao aforro de recursos enerxéticos á vez que se reducen as emisións contaminantes. Esta iniciativa, froito das actividades realizadas polos bolseiros de USC en Transición durante o pasado curso académico, está inspirada no Metrominuto, plano peonil da cidade de Pontevedra que acadou o premio Intermodes da UE. Comparte Coche

A maiores destas dúas propostas, durante todo o ano está activo o Programa Comparte Coche na USC , mediante o cal os usuarios poden empregar unha plataforma virtual para ofertar ou solicitar o uso compartido do vehículo particular, coas vantaxes económicas e ambientais que esta práctica leva consigo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.09.2014.